sábado, 2 de xullo de 2016

O MAR DE GALICIA NO FESTIVAL

Varios foron os cursos que no festival de finde curso fixeronlle un guiño ao mar...peixes, poemas, mariscadoras..estas foron algunhas desas actuación. Tamén a escenografía de fondo do escenario chamaba as portas do noso PDI.











TEATRO NO FIN DE CURSO

No festival de fin de curso e tamén nuns pases especiais para os nenos de infantil e primeiro curso (no primeiro pase) e todo resto de primaria (no segundo pase) puidemos gozar de outro conto animado con temática de faros. Nesta ocasión o faro é o símbolo da luz interior, da aceptación propia que nos axuda a encher os nosos valeiros; valeiros que sentimos mentres estamos a medrar e a procurar o noso lugar no mundo e en moitos intres da nosa vida como adultos. Esta é a temática do conto "Vacío" adaptado e representado pola profe de música e os nenos e nenas de 6º de Primaria coa técnica de teatro negro e dentro do programa de animación lectora "As aulas contan".





venres, 24 de xuño de 2016

EXPOSICIÓN FIN DE PROXECTO

A guinda a este interesante proxecto levado a cabo durante todo o curso puxérona as familias participando nunha maravillosa exposición na que luciron as súas habilidades e as súas boas ideas. Esta é unha das fotos que fixemos da exposición.


domingo, 5 de xuño de 2016

COAS MANS BALEIRAS

Coas mans baleiras acompaña ao caderno viaxeiro de recomendacións dos nenos e nenas do cole como recomendación especial dos mouchiños.




martes, 31 de maio de 2016

A DERRADEIRA PETICIÓN DOS MOUCHOS

Xuniño, a nosa mascota da biblioteca do mes de Xuño, sabe que as nosas cabeciñas xa non dan para moito máis, pero aínda así atreveuse a invitarnos a xogar pensando, a facer as nosas derradeiras pescudas neste curso á conta dos nosos murais dos faros e do Día da árbore que polas circunstancias do curso e do traballo que tiñamos en marcha decidiramos pospoñer a este mes.
Daquela estas son as propostas que chegaron as aulas. Imos ver que dan de sí!

Para nos axudar co xogo das árbores deixounos uns recursos nas pestanas de arriba. As fotos das árbores que hai que procurar no patio téñenas as profes. Seica haberá que llas pedir.





Esta é a foto que nos deixou no seu faro da entrada para que practiquemos un pouquiño de imaxinación e creación literaria

 

Estas son as preguntas que nos deixou na biblioteca para que nos animemos a ler ben os murais dos compañeiros. Poñémolas aquí por se alguen quere xogar con nós. Claro que o mellor tedes que vir ao cole a consultar toda a información. 
 














domingo, 29 de maio de 2016

MONOGRÁFICO DO PDI

Xa saiu do prelo o noso Xornal monográfico no que vos imos avanzando algunhas cousiñas das que fomos facendo ao longo deste curso.

Velahí está

don moucho

OS MURAIS DE METALMOUCHO XA ESTÁN PREPARADOS

Xa hai  dúas semanas que rematamos o traballo para Metalmoucho, pero con tantos acontecementos non puidemos amosárvolo. Os murais xa  nos contan todo o que hai que saber dende as escaleiras que suben ao segundo andar. Tódalas incógnitas xa se despexaron. Ide lendo a información  nas pestañas de cada aula,  ...pero volvede  miralas dentro dun tempiño porque todos estes días imos estar subindo información nova. Xa vos demos tamén un adianto no Xornal Don Moucho, adicado de xeito monográfico ao noso PDI.

LIBRO VIAXEIRO A MARES

 


Rematou a sua andaina polos cursos de Primaria o libro colaborativo viaxeiro "a mares". Recala agora nos portos de infantil. Seguro que a tódolos cativos encántalle o traballo dos seus compañeiros. Seremos quen a superalos?















 

sábado, 28 de maio de 2016

A MAQUETA DO MAPA DOS FAROS

Os nenos e nenas de 6º de Primaria presentaron  a súa maqueta  do mapa de faros de Galicia.
Dende o comezo de curso empezaron a traballar nela, sendo un apoio excelente para a súa aprendizaxe. Nela incluíron tódolos faros que estamos a traballar nas aulas e  seguro que algún máis... Tamén colocaron tódolos elementos xeográficos característicos de Galicia que manexaron durante todo o curso.
É a súa contribución como aula á exposición final do proxecto ( na que tamén participan as familias) e que xa está empezando a tomar forma na entrada do cole.














luns, 16 de maio de 2016

UN FARO DIFERENTE

Este é o faro que prepararon os pais para a festa dos Maios celebrada pola Anpa. Eles sempre tan colaboradores cos nosos proxectos, quixeron poñer o seu propio granciño de area, ademais dos granciños que xa lles pediramos nós.
 



luns, 18 de abril de 2016

ÉRICA ESMORÍS. VISITA E MAQUETAS

Fálannos no  noso blogue Fonte dos Frades da visita da escritora Érica Esmorís aos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria. Eles xa leran na aula "Nena e o mar", itinerario lector nese "ciclo". Daquela recibiron moi ledos á autora do libro e agasallárona cunha exposición de maquetas e debuxos arredor da vila mariñeira Porto Balea no que comeza a historia e viven os protagonistas.




 














Deixamos aquí a crónica da súa visita contada polos protagonistas: 

 O xoves 14 de abril, os alumnos de 5º e 6º de primaria visitounos a autora Érica Esmorís, gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015, co seu libro "Nena e o mar". Ao longo de hora e media, fixo un percorrido da súa vida como escritora. Contounos a súa paixón polos animais, o mar e a creación literaria. Como é o seu proceso escritor desde que comenza un libro, ata que o finaliza. Este libro foi adicado ao seu neno-serea, un gato precioso chamado Pepe. Escoitamos tamén a banda sonora que compuxo o seu mozo para "Nena e o mar". Despois de adicarnos o libro, invitámola a ver unha pequena exposición de maquetas e debuxos que xurdiron despois da lectura.



 
visita Érica Esmorís - Kizoa Editar Videos - Movie Maker