luns, 22 de febreiro de 2016

MALETA VIAXEIRA SOBRE GALICIA

Itinerarios seleccionados nos eidos literario e xeográfico conforman a listaxe de títulos que viaxan na maleta do Moucho que dende hoxe, 22 de Febreiro, rolará polas aulas viaxando dende 6º de Primaria ata infantil 3 anos. Cando remate a súa andaina aló polo mes de maio daremos conta da satisfación dos usuarios e usuarias.

Esta é a listaxe:

LISTAXE DE LIBROS NA 2º MALETA VIAXEIRA.-
TEMA: GALICIA

Paisaxes galegas.-
Guia visual de algas mariñas
Guia visita ao parque nacional marítimo terrestre das illas atlánticas
Guía de la fauna terrestre
Especies mariñas ameazadas: Cetáceos e aves
Os bolechas: a carballeira
Os bolechas: A aldea
Os bolechas: A montaña
Os bolechas: A praia
Os bolechas: O río
Aves de mar e de area
O libro da illa San Simón
O libro da illa Cortegada
O libro das illas Ons
O libro das illas Cíes
Guía de galicia do a ao z
Cd das illas atlánticas

Varios temas.-
Os bolechas: Cómo e a pataca de Galicia
A orixe dos nomes dos lugares
Os contos da rata luisa: o entroido
Do a ao z con Uxío Novoneyra
Trabalinguas

Galicia na literatura.-
O faro do vento
Marea negra
O aroma do liquidambar
Los días de castrosil
Soños de mar
No río
No mar
Marcelo o morcego
Unha mosca no caldo
Un día de treboada
Descenso ao barranco do demo
Barxilón no mar de latón


 

mércores, 17 de febreiro de 2016

OS MURAIS DO SEGUNDO TRIMESTRE ESTÁN LISTOS PARA ACOLLER A INFORMACIÓN

De feito antes de que puideramos facer a foto xa os pequenos do cole adiantáronsenos e subiron a responder á primeira pregunta. Bravo por eles!











martes, 16 de febreiro de 2016

LIBRO VIAXEIRO



A mediados do mes de Febreiro, comezou a rolar polas aulas o libro recomendado do trimestre "A mares". Este libro quere contribuir a mirar as cousas da mar dende outra perspectiva distinta dá que nos deu o traballado no entroido e engadir, agora que se achega o Día da Poesía, un punto de vista poético. O libro acompáñase dun caderno viaxeiro no que os nenos e nendas das aulas poden anotar os poemas que mais lles gustaron e mesmo facer debuxiños sobre eles. Comezou a súa viaxe na aula de 2º A. Xa iremos vendo o que acontece en cada unha das súas paradas.

luns, 15 de febreiro de 2016

COLORÍN PIDE AXUDA

Neste derradeiro tramo do trimestre, Colorín -o mouchiño do mes de Marzo- vense de poñer en contacto con tódolos nenos do cole porque anda moi apurado. Como puidemos ler nas cartas que nos chegaron ás aulas, quere participar na Semana da Prensa cun artigo sobre os faros da provincia da Coruña e, como non da feito, precisa da nosa axuda. 
Cada aula recibiu o nome dun faro sobre o que lle temos que buscar toda a información. 
Os nomes sonábannos todos...Fisterra, Roncudo, Vilán, Laxe, Torre de Hércules, Punta Nariga, Monte Louro, Punta da barca, Touriñán e Illas Sisargas foron os escollidos. O mouchiño xa nos preparou un mural nas escaleiras anchas que de seguro nós non tardaremos en encher. As preguntas son igualiño que no primeiro trimestre moi sinxelas.
Cómo é?
Onde se atopa?
Como se chama a zona onde está?
Curiosidades.








luns, 8 de febreiro de 2016

ENTROIDO NA GALICIA COSTEIRA

O entroido veu marcado polo noso Proxecto Documental. 
O noso meco "Salgadiña" deu as ordes:

o luns....... ...pano na cabeza
o martes...................delantal
o mércores.......botas de auga
o xoves ......................un cesto

  e todos comezamos a cumplilas desexosos de chegar o día importante do entroido no cole.





Cada aula escolleu un oficio diferente dos moitos relacionados co mar e púxose a traballar. Desfilaron a carón do mar (5 anos) peixeiras (3 anos), mariñeiros(4 anos), mariscadores(1º), sereas e popeyes (2º), rescatadores (3º), pescadores (4º), redeiras e fareiros (5º e 6º). 
Os maiores fixeron moi ben o seu traballo coas coplas e co testamento.
Foi unha festa con sabor a mar no que os faros e Galicia estiveron moi presentes.