venres, 18 de decembro de 2015

O FARO LECTOR DO NADAL



No Nadal libroucho propúxonos elaborar unhas tarxetas que fosen á vez agasallo de nadal e agasallo lector en forma de minirelato. Nós pensamos deseños para as tarxetas, escribimos os nosos minirelatos e baixamos a colocalas na entrada do cole. Queriamos que estivese ben bonito! . O caso foi que, como viñamos de  traballar no mural de Reilibro, en troques de compoñer coas tarxetas unha árbore de nadal saíunos...UN FARO!!
Quedou moi aqueladiño, ainda que estes fortes ventos e o mar varrérono da entrada do cole enseguidiña ...pasoulle coma o faro da pedra de burela!.





faro-burela

1 comentario:

  1. O fin de contas, é moito máis noso un 'Faro de Nadal' que unha 'Arbore de nadal', non? Xenial!

    ResponderEliminar