luns, 8 de febreiro de 2016

ENTROIDO NA GALICIA COSTEIRA

O entroido veu marcado polo noso Proxecto Documental. 
O noso meco "Salgadiña" deu as ordes:

o luns....... ...pano na cabeza
o martes...................delantal
o mércores.......botas de auga
o xoves ......................un cesto

  e todos comezamos a cumplilas desexosos de chegar o día importante do entroido no cole.





Cada aula escolleu un oficio diferente dos moitos relacionados co mar e púxose a traballar. Desfilaron a carón do mar (5 anos) peixeiras (3 anos), mariñeiros(4 anos), mariscadores(1º), sereas e popeyes (2º), rescatadores (3º), pescadores (4º), redeiras e fareiros (5º e 6º). 
Os maiores fixeron moi ben o seu traballo coas coplas e co testamento.
Foi unha festa con sabor a mar no que os faros e Galicia estiveron moi presentes. 


1 comentario:

  1. Estes nenos se atreven con todo!! Unha semana da troula estupenda, coma sempre :-)

    ResponderEliminar