martes, 16 de febreiro de 2016

LIBRO VIAXEIRO



A mediados do mes de Febreiro, comezou a rolar polas aulas o libro recomendado do trimestre "A mares". Este libro quere contribuir a mirar as cousas da mar dende outra perspectiva distinta dá que nos deu o traballado no entroido e engadir, agora que se achega o Día da Poesía, un punto de vista poético. O libro acompáñase dun caderno viaxeiro no que os nenos e nendas das aulas poden anotar os poemas que mais lles gustaron e mesmo facer debuxiños sobre eles. Comezou a súa viaxe na aula de 2º A. Xa iremos vendo o que acontece en cada unha das súas paradas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario